Blog

Grazas a todos!!

Non quero deixar pasar o tempo sen agradecer a gran acollida que recibín. Grazas de todo corazón. A ilusión dun novo proxecto foi compartida por tódolos veciños de Sande... non teño verbas para tal sentimento. 

Mil grazas polo gran apoio; sen vos o bar non sería posible. 

Grazas ao resto de veciños dos pobos colindantes, polo voso interés, polas vosas visitas e polo voso alento. Encántame que a Loureira se converta nun lugar de reunión especial no Concello.

E para rematar, darlle as grazas o Concello de Cartelle, pola axuda nos trámites, e por suposto polo alento do persoal administrativo e concelleiros. 

A Loureira e a vosa casa, disfrutémola xuntos. 

Grazas de todo corazón.

Carlos Fernández Cao

Sande a golpe de Andaina 

A verdade e que estamos encantados da resposta dos nosos veciños. Unha iniciativa de divulgación da historia a través dos restos arqueolóxicos de Sande, que comeza a andar. 

Polo momento temos realizado dúas Rutas, visitando e explicando in situ, as características dos monumentos atopados en Sande e arredores. Percorrer a Historia polos distintos puntos de interese e sinxelo; Sande e un lugar moi rico en pegadas do pasado. E xa sabemos o dito: para saber a onde se vai, primeiro debemos saber de onde vimos. 

Anímovos a participar nas distintas iniciativas que dende A Loureira Cafetería poremos en marcha proximamente.

Grazas a todos pola participación e sobre todo aos veciños que se volcaron coa iniciativa: Puri, Dora, Virginia, Marta, Chelo, Sabela, Sara, Victor, Pepe de Luz...e moitos máis!!! 

Benvida a bordo!

Temos unha nova incorporación a familia da Loureira. 

Unha grande persoa e tamén unha grande profesional. Espero que disfrutes da túa estancia con nós.

Ánimo e sorte Sara.

Cocktelería Rural

Na Loureira aposto pola calidade, tanto no producto como no servizo. O producto ten que ser o mellor do mercado, e para que chegue ao cliente en perfecto estado, debe ser tratado con mimo. 

Un Combinado perfecto, tratado con delicadeza e pondo toda a atención na mextura de sabores e olores. 

Mojito, Caipirinha, Manhatan, Dry Martini, Gin Tonic, Ron Cola... calquera producto debe ser mimado e valorado. 

Achégate e pide consello o barman... acertarás seguro.

Made in... na Casa!

A nosa filosofìa e esa: made in... na Casa. 

Tódolos nosos aperitivos, pinchos, bizcoitos, son elaborados de maneira tradicional. 

Productos naturais, sinxelos, e cun toque de imaxinación. 

Cada fin de semana e unha aventura distinta.

Atento! 

Chegou o momento!

O momento chegou; iniciamos unha etapa nova pero sen olvidarnos de todo o que representa a Loureira para vós. 

A Loureira é unha aposta persoal dos seus fundadores, e por suposto, segue sendo esa aposta persoal das novas xeracións. Cada tempo, cada etapa está marcada. E esta non será menos; tocounos vivir tempos distintos, onde as prioridades de vida cambiaron de súpeto. É así como nace esta nova Loureira; un lugar máis cómodo, pensado para o cliente. Unha calidade que se transmite tamén na materia prima: unha oferta de productos gourmet.  

Espero de verdade que disfrutedes da vosa Cafetaría Rural. Volta a orixe.

Vémonos o venres 6 de Novembro as 11.00 da maña.


A Loureira

VEN VISITARNOS

Sande s/n 

32823 Cartelle, Ourense

CHÁMANOS

652848426

988071546

ESCRÍBENOS

carlos.djcao@gmail.com

aloureia  en instagram

Horario 

Luns                             18.00 a 00.00
Martes                         18.00 a 00.00
Mércores.                   18.00 a 00.00
Xoves.                          18.00 a 00.00
Venres                         18.00 a 3.00
Sábado.                       10.00 a 3.00
Domingo                    10.00 a 00.00

Para mais info : INSTAGRAM @aloureira



Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar